Abovian
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
Աբովյան (hy) | ||||
Epónimo | Jatsatur Abovián | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Armenia | |||
Marz | Provincia de Kotayk | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 44.400 (2015) (6.342,86 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua armenia | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 7 km² | |||
Altitude | 1.450 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2201–2208 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | (222) | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | abovyan.am |
Abovian (en armenio: Աբովյան) é unha cidade moderna fundada no ano 1963 no inicio da aldea de Elar. Déuselle o nome de Abovian polo escritor armenio Khachatur Abovian. Sitúase a 10 quilómetros de Iereván.
Cunha autoestrada e unha vía férrea que pasa por ela, conecta a capital coas áreas do noroeste, Abovian é considerada como unha cidade satélite de Ierevan. Por esta razón, Abovian é chamada algunhas veces como a "Porta Norte de Iereván". A uns 6 quilómetros da cidade está a cidade-resort Arzni.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Abovian está construída sobre a meseta Kotayk entre os ríos Hrazdan, Azat e Getar, a unha altura de 1 450 metros sobre o nivel do mar. É rodeado pola cordilleira Geghama no noroeste, as montañas Hatis e Gutanasar no norte, o desfiladeiro de Hrazdan no oeste e pola montaña de Nork no sur. O clima é continental e seco, con veráns relativamente cálidos e invernos fríos.
Hai un pequeno lago na cidade chamado Akna.
Economía
[editar | editar a fonte]Abovian é unha cidade moi industrializada. Ten moitas fábricas ben desenvolvidas entre as que destacan as plantas de construción de formigón, de transformación de pedra e producións químicas. A cidade é a casa dun dos principais produtores de cervexa no mercado armenio, "Kotayk Brewery", que era propiedade de Castle Group entre 1997 e 2010. Varias empresas en Abovian exportan todo o volume da súa produción industrial.
Deporte e educación
[editar | editar a fonte]O FC Kotayk Abovian é un dos clubs de fútbol máis antigos en Armenia. Como moitos outros equipos de fútbol do país, FC Kotayk foi forzado a omisión da liga de fútbol armenio e, en consecuencia, do fútbol profesional desde 2005, debido á crise financeira.
O municipio de Abovyan dirixe unha escola de deporte na cidade. A cidade alberga o Estadio Municipal Abovian, cunha capacidade de 5 500 persoas.
Abovian ten 10 escolas de ensino público e 9 garderías. A cidade alberga dúas institucións importantes de ciencia en Armenia: o Hospital Republicano da tuberculose e o Instituto Biolóxico da Academia Nacional de Ciencias de Armenia.
Moitos centros culturais funcionan na cidade, como o Palacio cultural de Abovian, o centro da comunidade creativa de nenos e adolescentes, o conservatorio, a escola de arte, a biblioteca pública e o museo de Abovian.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]- Villeurbanne, Francia (dende 1990)
- Kaliningrad, Rusia