Abra (porto)
Unha abra[1] (do francés: havre)refuxio ou abrigo é un lugar onde as embarcacións poden abrigarse de correntes, tempestades e intemperies ou son almacenados para o seu uso futuro. As abras poden ser artificiais ou naturais. Cando é natural, unha abra adoita ser unha enseada ou pequena baía protexida das correntes mariñas. As abras realizadas polo ser humano teñen crebaondas ou embarcadoiros.
As abras e os portos son confundidos con frecuencia. Un porto é unha instalación artificial realizada na costa do mar, lago ou marxe de ríos onde os navíos poden realizar a carga e descarga de produtos, incluídas persoas e gando.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde os seus comezos, a navegación empregou determinados lugares costeiros como baías, enseadas ou desembocaduras de ríos que ofrecían refuxios seguros para atracar as embarcacións primitivas. Os pobos navegantes, como os fenicios, os gregos, os viquingos e os polinesios deron uso a estes lugares privilexiados para o desenvolvemento do comercio, actos de pirataría e migracións. O pobo fenicio dotou de faros aos refuxios naturais para favorecer as viaxes nocturnas, dando inicio á construción de portos artificiais. Deste xeito, no século XIII a.C., construíron portos de pedra en Tiro e Sidón cunha técnica precisa.[2] Un dos principais portos da antigüidade foi o de Alexandría, construído ante a necesidade de protexer as embarcacións.[3] Co posterior crecemento do tráfico marítimo, os refuxios martítimos deron sitio a instalacións que satisfacían as necesidades técnicas e comerciais, como no caso dos portos medievais do mar do Norte ou nas cidades mediterráneas como Xénova, Venecia ou Barcelona.[2]
A chegada dos europeos a América e a posterior apertura de novas rutas marítimas e comerciais aumentou o calado dos buques, o que obrigou á construción de peiraos para facilitar a carga e descarga de mercadorías.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abra.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Origen y Evolucion de los puertos" (en castelán). 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Puertos: Su historia y evolución". Confluencia Portuaria. 17 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abra |