Saltar ao contido

Abraham Zabludovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbraham Zabludovsky

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1924 Editar o valor en Wikidata
Białystok, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 2003 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, pintor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJacobo Zabludovsky Editar o valor en Wikidata
Premios

Abraham Zabludovsky Kraveski, nado en Białystok, Polonia, o 14 de xuño de 1924, e finado en Cidade de México o 9 de abril de 2003, foi un arquitecto e pintor mexicano de ascendencia xudeu-polaca. Estudou na Escola Nacional de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México. Licenciouse, con mención honorífica, coa tese Unidad de habitación colonia Hipódromo. Traballou no taller do arquitecto Mario Pani Darqui e comezou a súa práctica profesional privada en 1950. Foi irmán do xornalista mexicano Jacobo Zabludovsky.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou un extenso labor profesional en México e no estranxeiro, proxectou e construíu máis de 200 obras, principalmente residencias, unidades de habitación, edificios bancarios e centros culturais. A súa obra atende aos trazos propios do lugar, delineando unha linguaxe propia caracterizada pola revalorización do muro, a procura de texturas durables, particularmente mediante o emprego do formigón cicelado con gran de mármore exposto e unha concepción espacial que retoma a tradición da arquitectura mexicana de patios, pórticos e noiros que relacionan o interior dos edificios co espazo urbano.

Foi membro do Colexio de Arquitectos da Cidade de México, académico emérito e fundador da Academia Nacional de Arquitectura, membro honorario de The American Institute of Architects, profesor da Academia Internacional de Arquitectura de Sofía, Bulgaria e membro fundador do Centro de Arte e Comunicación de Bos Aires, Arxentina (INCA+A). [Cómpre referencia]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Recibiu, ao longo da súa carreira, diversos recoñecementos:

A súa obra exhibiuse en importantes eventos e museos de diversos países: Arxentina, Brasil, Canadá, Ecuador, Estados Unidos, España e México. Unha exposición selecta da súa obra presentouse en Barcelona, Madrid, Pamplona e A Coruña, en España.

Obras representativas

[editar | editar a fonte]
  • Edificio de departamentos (Horacio e Schiller, colonia Polanco, Cidade de México) (1959).
  • Centro Cívico Centenario Cinco de Mayo, Puebla, Puebla(1962).
  • Edificio de departamentos (Bernard Shaw, colonia Polanco, Cidade de México) (1965).
  • Conxunto Habitacional Torres de Mixcoac, Cidade de México (1967), en colaboración co arquitecto Teodoro González de León.
  • Casa Sacal, Cidade de México (1968).
  • Oficinas Centrais do Infonavit, Cidade de México (1973), en colaboración co arquitecto Teodoro González de León.
  • Embaixada de México en Brasilia, Brasil (1973), en colaboración cos arquitectos Teodoro González de León e J. Francisco Serrano.
  • Edificio do Colexio de México, Av. Camiño ao Ajusco 20, Cidade de México (1975), en colaboración co arquitecto Teodoro González de León.
  • Teatro da Cidade Emilio Rabasa, Tuxtla Gutiérrez, Chiapas (1979).
  • Museo Tamayo Arte Contemporánea, Cidade de México (1981), en colaboración co arquitecto Teodoro González de León.
  • Oficinas Centrais do Banco Bilbao Biscaia (Multibanco Mercantil de México), Cidade de México (1982).
  • Biblioteca México La Cidadela, Cidade de México (1988).
  • Casa Hogar Los Tamayo, Oaxaca, Oaxaca (1989).
  • Auditorio de Usos Múltiples, Celaya, Guanajuato (1990).
  • Remodelación e ampliación do Auditorio Nacional, Cidade de México (1990), en colaboración co arquitecto Teodoro González de León.
  • Teatro da Cidade, Aguascalientes, Aguascalientes (1991).
  • Auditorio Municipal Mariano Abasolo, Dores Hidalgo, Guanajuato (1991).
  • Auditorio do Estado, Guanajuato, Guanajuato (1991).
  • Conxunto Habitacional La Cantera, Cidade de México, (1992).
  • Taller-Estudo Abraham Zabludovsky, Cidade de México, (1993).
  • Sala de Usos Múltiples e Centro de Convencións, Tuxtla Gutiérrez, Chiapas (1995).
  • Centro Cultural Sor Juana Inés de la Cruz, San Miguel Nepantla, Estado de México (1995).
  • Proxecto de hotel no Aeroporto Internacional da Cidade de México, Cidade de México (1995).
  • Proxecto do museo de sitio e Centro Recreativo e Deportivo "Cerro del Judío", Cidade de México (1997).
  • Proxecto do Centro Turístico e de Campamento no Ajusco, Cidade de México (1997).
  • Edificio de Oficinas en Santa Fe, Cidade de México (1999).
  • Centro de Convencións/Teatro da Cidade, Coatzacoalcos, Veracruz (2003).[2]
  • Museo Interactivo Papagayo, Villahermosa, Tabasco. Obra póstuma, terminada por Rec Arquitectura (2005).
  • Edificio de oficinas en leibnitz 1 e leibnitz 20 en colaboración co arquitecto Teodoro González de León

Bibliografía e publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Arquitectura contemporánea mexicana (1969), editada por Central de Publicaciones, S.A.
  • Ocho conjuntos de habitación: Arquitectura contemporánea mexicana (1976), editada por Arquitectura y Sociedad Editores, S.A.
  • Mexican Architecture (1978), editada por Walker Publishing Company Inc.
  • Abraham Zabludovsky. Imagen y obra escogida (1984), editada pola Universidade Nacional Autónoma de México.
  • La Ciudadela (1991), editada polo Consejo Nacional para la Cultura y las Artes.
  • Abraham Zabludovsky Architect (1993), editada por Princeton Architectural Press, Inc.
  • Abraham Zabludovsky arquitecto (1995), editado por Noriega Editores.
  • Abraham Zabludovsky: Historia oral de la Ciudad de México: Testimonios de sus arquitectos (1995), editada polo Instituto Mora y por la Lotería Nacional para la Asistencia Pública.
  • Recentemente presentáronse as obras completas do seu traballo en dous volumes, editados por Noriega Editores e polo Consejo Nacional para la Cultura y las Artes, que conteñen ensaios de Jorge Glusberg e Paul Heyer, e que está en proceso de impresión, Abraham Zabludovsky y la vivienda, publicación editada por Arquine.
  1. Consejo Nacional para la Cultura y las Artes. "Premio Nacional de Ciencias y Artes" (PDF). Secretaría de Educación Pública. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 1 de decembro de 2009. 
  2. "ConvencionesCoatzacoalcos". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2010. Consultado o 24 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]