Absidiola

En arquitectura denomínase absidiola[1] ou ábsida secundaria, a unha pequena ábsida que se abre na ábsida principal e acolle unha capela. Tamén poden construírse nos lados do transepto. Esta estrutura foi moi común nas catedrais dos estilos románico e gótico durante a Idade Media.
A planta pode ser cadrada, circular ou poligonal, consante coa planta e características da ábsida á que se abren.
No caso de existir un deambulatorio que rodea a ábsida, as absidiolas abriranse a este. O número de absidiolas máis común é de tres, podendo variar segundo as dimensións do templo.

En termos de difusión xeográfica denótase unha clara centralización do seu emprego no continente europeo (especialmente en Francia), sendo moi limitado o seu uso en Inglaterra.
É un recurso arquitectónico moi empregado nos templos de peregrinación xunto co deambulatorio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para absidiola.