Absolutismo
Aparencia
(Redirección desde «Absolutista»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O absolutismo é unha forma de goberno na que o poder reside nunha única persoa, xeralmente un monarca, á que deben obedecer tódalas demais e sen que ningunha lei constitucional limite o seu poder. Abrangueu os séculos XVI, XVII, e XVIII, cando a influencia política da nobreza declinou. A teoría do dereito divino do poder real ou do absolutismo teolóxico naceu en Francia no último cuarto do século XVI e no ambiente das guerras de relixión. As catro características esenciais da autoridade real eran a de ser sagrada, paternal, absoluta e racional.
Causas do xurdimento do Absolutismo
[editar | editar a fonte]- A burguesía apoiaba a concentración do poder para estabilizar a economía dentro de todo o territorio dun Estado.
- O protestantismo ou Reforma protestante, iniciado por Martiño Lutero, distanciou a un Estado como Alemaña da Igrexa e os Estados papais e diminuíu a súa importancia nas decisións do rei.
- A conquista de América levou a países como España e Portugal a acumular grandes cantidades de riquezas en ouro e prata, o que demostrou que o absolutismo tiña máis poder sobre os países veciños.
- A necesidade de xuntar forzas militares como no caso da Guerra dos Cen Anos entre Francia e o Imperio Británico obrigou aos Estados a posuír un exército regular comandado polo rei e xa non por señores feudais dispersos e incomunicados.
- A crise da servidume
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |