Abu Bakr al-Baghdadi
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ar) أبو بكر البغدادي ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) إبراهيم عواد إبراهيم علي البدري السامرائي ![]() 28 de xullo de 1971 ![]() Samarra, Iraq (pt) ![]() ![]() |
Morte | 27 de outubro de 2019 ![]() Barisha, Siria (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | suicidio, dispositivo explosivo ![]() |
1º Leader of the Islamic State (en) ![]() | |
18 de abril de 2010 – 27 de outubro de 2019 – Abu Ibrahim al-Hashimi al-Qurashi (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | apátrida (2004–2019) Iraque Baathista (pt) ![]() ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Educación | Universidade de Bagdag - Xaria (2002–2006) ![]() |
Cor do pelo | Pelo negro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Imán , violador (pt) ![]() ![]() |
Período de actividade | 2003 ![]() ![]() |
Partido político | Estado Islámico ![]() |
Membro de | |
Movemento | Salafi jihadism (en) ![]() ![]() |
Lingua | Árabe ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Al Qaida e Estado Islámico ![]() |
Rama militar | Military of the Islamic State (en) ![]() ![]() |
Rango militar | Emir ![]() |
Conflito | Guerra civil siria, Guerra Civil Iraquiana (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
26 de outubro de 2019 | Operação Kayla Mueller (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Abu Bakr al-Baghadadi, nado en Samarra en 1971 e finado en Barisha o 27 de outubro de 2019,[1] foi un xihadista iraquí, líder do Estado Islámico de Iraq e do Levante que se autoproclamou o 29 de xuño de 2014 califa so o nome de Ibrahim. Buscado polos Estados Unidos como terrorista,[2] a revista Time considerouno en 2013 o terrorista máis poderoso do mundo[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Non se coñece moito da súa traxectoria vital, puido ser un imán antes da caída de Saddam Hussein[4] que podería xa estar en conexión con movementos salafistas[5], e segundo información aparecida en webs xihadistas conta cun doutoramento en estudos islámicos dunha universidade de Bagdad[6]. Logo da invasión norteamericana dirixiu pequenos grupos de militantes islamitas contrarios á presenza norteamericana ata que se integrou na organización iraquí de Al Qaida e presidiu o tribunal islámico da cidade de Rawa, preto da fronteira con Siria, onde segundo informacións xornalísticas gañou reputación pola súa brutalidade[7]. Detido polas forzas norteamericanas en 2005 estivo prisioneiro en Camp Bucca durante catro anos[8]. Tras a súa liberación integrouse no Estado Islámico de Iraq, onde tamén estaban os militantes de Al Qaida. Logo da morte do líder da organización, esta anunciou nun comunicado o 16 de maio de 2010 a elección de Abu Bakr como o seu novo dirixente. So o seu liderado, desde o outono de 2010, o grupo multiplicou os seus ataques, tanto contra os cristiáns e os xiítas como contra obxectivos gobernamentais e policiais. Entre os que salienta a toma de reféns o 31 de outubro de 2010, Día de Tódolos Santos, no interior da catedral de Bagdad, o que provocou a morte de 46 persoas.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Blitzer, Ron (27 de outubro de 2019). "ISIS leader al-Baghdadi confirmed dead after apparent suicide during U.S. operation: sources". Fox News. Consultado o 27 de outubro de 2019.
- ↑ United States Department of State, ed. (4 de outubro de 2011). "Terrorist Designation of Ibrahim Awwad Ibrahim Ali al-Badri". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2011.
- ↑ Time, 16 de decembro de 2013
- ↑ BBC News, ed. (11 de xuño de 2014). "BBC News - Profile: Abu Bakr al-Baghdadi". Consultado o 16 xuño de 2014.
- ↑ "Iraq crisis: the jihadist behind the takeover of Mosul - and how America let him go" The Telegraph, 11 de xuño de 2014
- ↑ "ISIS: The first terror group to build an Islamic state?", CNN, 13 de xuño de 2014
- ↑ "Abu Bakr al-Baghdadi: The Isis chief with the ambition to overtake al-Qaida" The Guardian, 12 de xuño de 2014
- ↑ "How ISIS leader Abu Bakr al-Baghdadi became the world’s most powerful jihadist leader" The Washington Post, 11 de xuño de 2014
- ↑ Bagdad : des chrétiens à nouveau victimes d'attentats Arquivado 12-01-2014 en Wayback Machine. Le Parisien, 10 de novembro de 2010