Abundancia natural
Aparencia

A abundancia natural é a cantidade presente na natureza de cada isótopo dun elemento químico expresado en porcentaxe. As abundancias naturais de cada isótopo empréganse para o cálculo do peso atómico dos elementos.
Calquera intento de illar un elemento debe comezar polo coñecemento da súa abundancia, que é a cantidade do elemento nunha rexión particular do mundo. A abundancia dos elementos na Terra e nas diversas rexións é o resultado da xeografía e da evolución específica do noso planeta.