Abundio Ledo Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Fornelos, España |
Morte | 18 de xaneiro de 1940 (51/52 anos) Centro Penitenciario de Burgos, España |
Causa da morte | tuberculose pulmonar |
Actividade | |
Ocupación | xastre, sindicalista, político |
Abundio Ledo Gómez, nado en Salvaterra de Miño cara a 1888 e finado en Burgos o 18 de xaneiro de 1940, foi un xastre, sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carteiro de Fornelos, marchou a Cuba en outubro de 1920.[1] Colaborou en El Tea. Retornou a Salvaterra en maio de 1922,[2] e instalouse como xastre en Fornelos (Salvaterra de Miño). Elixido concelleiro de Salvaterra de Miño en 1931 e nomeado cuarto tenente alcalde. Foi elixido presidente do sindicato El Progreso de Fornelos en xaneiro de 1933,[3][4] Logo do triunfo da Fronte popular na eleccións de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro de Salvaterra de Miño.[5]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 15 de setembro xunto con Manuel Monteagudo Rodríguez, Manuel Mariño Méndez, José Macías Gutiérrez, Vicente Domínguez Vilar, Etelvino Tielas e Román Santillán.[6] Detido, foi xulgado en consello de guerra en Vigo o 27 de xullo de 1937 e condenado a 30 anos. Trasladado á Prisión Central de Burgos para cumprir condena o 27 de setembro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1938.[7] Finou na Prisión de Burgos por tuberculose pulmonar o 18 de xaneiro de 1940.[8] Pecharon o seu expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1940.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosa Estévez Rodríguez o 9 de decembro de 1918.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Tea, 23-10-1920, p. 2.
- ↑ El Tea, 13-5-1922, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-1-1933, p. 12.
- ↑ El Tea, 14-2-1933, p. 3.
- ↑ Base de datos de concelleiros das corporacións republicanas
- ↑ "Requisitorias", El Pueblo Gallego, 15-9-1936, p. 4.
- ↑ El Ideal Gallego, 20-3-1938, p. 5.
- ↑ En recuerdo de todas las víctimas
- ↑ BOE, 13-12-1940, p. 5676.
- ↑ El Tea, 23-12-1918, p. 2.