Abuso sexual infantil
Abuso sexual de menores, abuso sexual infantil ou abuso sexual de nenos é unha forma de abuso infantil na que un adulto ou adolescente máis vello usa un neno para a estimulación sexual.[1][2] Formas de abuso sexual infantil inclúen pedir ou forzar o neno a participar en actividades sexuais (independentemente do resultado), exposición indecente (dos órganos xenitais, mamilas femininas, etc) a un neno coa intención de satisfacer os seus propios desexos sexuais, ou para intimidar o neno, ter contacto físico sexual cun neno, ou usar un neno para producir pornografía infantil.[1][3][4]
Os efectos do abuso sexual de nenos pode incluír depresión,[5] ansiedade, trastorno de estrés postraumático complexo, propensión de máis vitimización na idade adulta, e lesión física no neno, entre outros problemas. O abuso sexual por parte dun membro da familia é unha forma de incesto e pode resultar en trauma psicolóxico máis serio e de longo prazo, especialmente no caso de incesto parental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 U.S. National Library of Medicine, ed. (2 de abril de 2008). "Child Sexual Abuse". Medline Plus.
- ↑ "Guidelines for psychological evaluations in child protection matters. Committee on Professional Practice and Standards, APA Board of Professional Affairs". The American Psychologist 54 (8): 586–93. agosto de 1999. PMID 10453704. doi:10.1037/0003-066X.54.8.586.
- ↑ Martin J, Anderson J, Romans S, Mullen P, O'Shea M (1993). "Asking about child sexual abuse: methodological implications of a two stage survey". Child Abuse & Neglect 17 (3): 383–92. PMID 8330225. doi:10.1016/0145-2134(93)90061-9.
- ↑ "Child sexual abuse definition from the NSPCC". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018. (en inglés)
- ↑ Roosa MW, Reinholtz C, Angelini PJ (febreiro de 1999). "The relation of child sexual abuse and depression in young women: comparisons across four ethnic groups". Journal of Abnormal Child Psychology 27 (1): 65–76. PMID 10197407.