Academia Galega de Teatro
Academia Galega de Teatro | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 2017 |
Presidente/a | Imma António Souto (-) |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.academiagalegadeteatro.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Academia Galega de Teatro (AGT) é unha entidade galega que traballa no ámbito das artes escénicas. Foi creada en outubro de 2017 por 17 profesionais vencellados ao mundo do teatro, e foi presentada o 27 de marzo de 2018 no Consello da Cultura Galega[1] O seu obxectivo principal é converterse nun foro das e dos profesionais da escena galega onde analizar e debater as políticas culturais actuais e, a través dun Congreso de Teatro Galego en 2020, establecer directrices estratéxicas para o desenvolvemento do sistema teatral galego na próxima década. Outro obxectivo fundamental é a creación do Centro Galego de Documentación Teatral, un órgano onde recuperar e difundir a longa historia do teatro do país[2].
A súa primeira presidenta é a experimentada actriz e dramaturga Inma António. En 2019 acordou nomear académico de honra ao actor e director Celso Parada pola súa longa traxectoria, como tamén anunciou que organizará en 2020 o Congreso Internacional de Teatro Galego.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ culturagalega.org (2018-03-27). "A Academia Galega de Teatro preséntase cun programa de medidas estruturais para a escena galega. A nova entidade convida a institucións e asociacións a tomar parte na organización dun congreso teatral en 2020". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2018-03-27.
- ↑ "Presentada en Compostela a Academia Galega de Teatro - Nós Televisión". Nós Televisión (en castelán). 2018-03-27. Consultado o 2018-03-27.
- ↑ erregueté (2019-03-19). "A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra". Erregueté. Consultado o 2019-03-21.