Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España
Aparencia
A Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España (en español: Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España) é unha institución sen ánimo de lucro fundada en 1997 que aglutina ós principais operadores de televisión e que integra a preto de 800 profesionais do sector audiovisual.
Outorga os premios ós mellores programas de televisión, denominados Premios ATV. Un deses é o Premio Pilar Miró que se concede ó mellor de Guión para películas para televisión.
En 2006 celebráronse as vodas de ouro da televisión en España.
O xornalista galego Ignacio Ramonet é socio de honra desta institución.
Presidentes
[editar | editar a fonte]- Jesús Hermida (1997-1998),
- Antonio Mercero (1998-2000)
- Ignacio Salas (2000-2006).
- Manuel Campo Vidal (2006 - actualidade)