Acesulfamo-k
O Acesulfamo-k é un edulcorante artificial denominado na industria alimenticia coas siglas E 950. É un edulcorante non calórico de estrutura química relativamente sinxela, que pertence á familia dos dióxidos de oxatiazinonas. Foi descuberto en 1967.
É unhas 200 veces máis doce que o azucre. Non provoca carie e é apto para diabéticos.
O acesulfamo é moi soluble en auga e pouco soluble en alcohol. Presenta estabilidade a temperaturas elevadas, ante os tratamentos tecnolóxicos e durante o almacenamento.
Emprégase en bebidas carbonatadas e non carbonatadas, produtos lácteos, como edulcorante de mesa, marmelos, lambetadas, gomas de mascar, doces, produtos enfornados, pasta dental etc.
O acesulfamo K non é metabolizado polo organismo humano. Nin se dixire nin se acumula. Elimínase rapidamente por vía renal, polo que é inocuo. O seu uso autorizouse en Inglaterra en 1983; dende entón autorizouse en Alemaña, Italia, Francia, Estados Unidos e outros países, e está considerado un aditivo seguro. A Inxesta Diaria Admisible (I.D.A.) de Acesulfamo é de 9.0 mg/kg
O acesulfamo en mestura con outros edulcorantes intensos como sacarina, ciclamato ou aspartamo, ou con glícidos como a sacarosa, presentase un efecto sinérxico. Esta sinerxía faio útil por dous motivos: permite unha diminución da concentración a utilizar e permite neutralizar as imperfeccións sensoriais peculiares de cada edulcorante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.fao.org/ag/agn/jecfa-additives/specs/Monograph1/Additive-001.pdf Arquivado 24 de agosto de 2009 en Wayback Machine.