Saltar ao contido

Aquiropsétidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Achiropsettidae»)
Aquiropsétidos
Achiropsettidae

Neoachiropsetta milfordi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Achiropsettidae
Heemstra, 1990 [1]
Xéneros, especies e subespecies
  • Véxase o texto

A dos Aquiropsétidos (Achiropsettidae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue unhas poucas especies distribuídas por augas antárticas e subantárticas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Achiropsettidae está formado pola raíz do termo grego antigo άχειρος ácheiros,[2] "sen mans" (de α- a- elemento privativo, e χείρ cheír,[3] "man"), o elemento -psett-, do nome científio Psetta ("rodaballo"), e a desinencia ´-idae, propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os rodaballos mancos", aludindo á brevidade ou ausencia das aletas pectoriais destes peixes.

Características

[editar | editar a fonte]

As peincipais caracaterístiocas morfolóxicas destes peixes son:[4]

  • Corpo moi deprimido.
  • Boca terminal, con ambas as mandíbulas prominentes.
  • Son peixes planos sinistros, é dicir, ambos os ollos están situados no lado esquerdo da cabeza.
  • A aleta caudal está separada das [àleta|aletas dorsal e anal.
  • As aletas pectorais son rudimentarias ou están ausentes.
  • Ningunha das aletas ten raios espiñosois.
  • A liña lateral é recta está ben desenvolvida.
  • O tamaño dos peixes desta familia varía considerabelmente, desde o 11 cm de Pseudomancopsetta andriashevi até os 57 cm de Neoachiropsetta milfordi.
  • Pouco se sabe dos hábitos das especies desta familia.

Hábitat e distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

As especies desta familia son bentónicas, e distribúense por augas antárticas e subantárticas.[5]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo o WoRMS e a FishBase a familia comprende tan só catro xéneros monoespecífiocos:[1][4]

Familia Achiropsettidae
  1. 1,0 1,1 Achiropsettidae Heemstra, 1990 no WoRMS.
  2. A adaptación en latín é [achiros].
  3. A adaptaciíon en latín é [chir].
  4. 4,0 4,1 Froese, Rainer and Daniel Pauly eds. (2012): Achiropsettidae en FishBase.
  5. Nelson, Joseph S. (2006).
  6. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
  • van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1-230.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]