Mancopsetta
Mancopsetta | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Mancopsetta maculata (Günther, 1880) |
Mancopsetta é un xénero de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos aquiropsétidos que abrangue unha soa especie, Mancopsetta maculata distribuída por augas antárticas e subantárticas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]- Xénero
O xénero foi establecido en 1881 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill.[1]
- Especie
A especie foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther, quen a denominou Lepidopsetta maculata, sendo despois reclasificada dentro do xénero Mancopsetta, polo que o nome válido actual é Mancopsetta maculata (Günther, 1880).
- Sinónimos
Ademais de polo nome orixinario, e o actual, ao longo do tempo esta especie foi coñecida polos sinónimos:[2]
- Achiropsetta slavae Andriashev, 1960
- Mancopsetta maculata antarctica Kotlyar, 1978
- Mancopsetta maculata maculata (Günther, 1880)
- Etimoloxía
O nome científico Mancopsetta está formado polo adxectivo latino mancus, -a, -um, "manco", e o nome científio Psetta [nome feminino] ("rodaballo"). O nome específico, maculata deriva da forma feminina doutro adxectivo latino, maculātus, -a, -um, "manchado" (derivado de macǔla, -ae, "mancha"). Literalmente: "o rodaballo manco" [aludino á ausencia ou brevidade das aletas pectorias dos membros da familñia dos Achiropsettidae] "manchado".
- Subespecies
Na actualidade na especie algúns autores recoñecen, como o SIIT,[3] (non así no WoRMS,[2] nin na FishBase[4]) dúas subespecies:
- Especie Mancopsetta maculata
- Mancopsetta maculata antarctica Kotlyar, 1978 - Papapelos manco do Antártico.[5]
- Mancopsetta maculata maculata (Günther, 1880)
Características
[editar | editar a fonte]As peincipais caracaterístiocas morfolóxicas deste peixe son:[4]
- Corpo moi deprimido, de até os 50 cm de lonxitude máxima.
- A boca é terminal, con ambas as mandíbulas prominentes.
- É un peixe plano sinistro, é dicir, ambos os ollos están situados no lado esquerdo da cabeza.
- A aleta caudal está separada das aletas dorsal e anal.
- A aleta dorsal ten de 112 a 129 raios; e a anal, de 91 a 104.
- A aletga pelviana do lado ocular é moito máis grande que a do lado cego, e ten 7 raios, contra os 5 raios da do lado cego.
- A aleta caudal é arredondada.
- Ningunha das aletas ten raios espiñosois.
- A liña lateral é recta está ben desenvolvida.
Hábitat e distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño bentónico, demersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 1.115 m,[6] entre os 37° S e os 67° S, no océano Antártico e no sur do Atlántico e do Índico.[4] Chega polo norte até a plataforma continental e o talude continental da Arxentina, as Malvinas e á illa do Príncipe Eduardo.[7] Tamén fopi rexistrado en Chile.[8]
Os adultos habitan nas plataformas continentais, e as larvas e os xuvenís en augas máis superficiais.[9]
Pesca
[editar | editar a fonte]Mancopsetta maculata é unha especie comercial,. que se pesca activamente no sur dos océanos Atlántico e Índico.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mancopsetta Gill, 1881 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Mancopsetta maculata (Günther, 1880) no WoRMS.
- ↑ Mancopsetta maculata no SIIT.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mancopsetta maculata (Günther, 1880) en FishBase.
- ↑ 5,0 5,1 Lahuerta e Vázquez 2000), p. 79.
- ↑ Gon, O. (1990): "Bathydraconidae". En O. Gon and P. C. Heemstra, eds. Fishes of the Southern Ocean. Grahamstown, South Africa: J.L.B. Smith Institute of Ichthyology, pp. 364-380.
- ↑ Heemstra, P. C. (1990).
- ↑ Nakamura, I.; T. Inada, M. Takeda and H. Hatanaka (1986): Important fishes trawled off Patagonia. Tokyo: Japan Marine Fishery Resource Research Center.
- ↑ Miller, R. G. (1993): A history and atlas of the fishes of the Antarctic Ocean. Foresta Institute, Nevada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mancopsetta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heemstra, P. C. (1990): "Achiropsettidae". En O. Gon e P. C. Heemstra, eds.: Fishes of the Southern Ocean. Grahamstown, South Africa: J.L.B. Smith Institute of Ichthyology.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
- van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1-230.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mancopsetta no ADW.
- Mancopsetta na EOL.
- Mancopsetta no NCBI.