Saltar ao contido

Theodore Nicholas Gill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Theodore Gill»)
Modelo:BiografíaTheodore Nicholas Gill

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1837 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1914 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecario, escritor, malacólogo, paleontólogo, escritor de non ficción, académico, ictiólogo, zoólogo, taxonomista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade George Washington Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGill Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4668866

Theodore Nicholas Gill, nado o 21 de marzo de 1837 e finado o 25 de setembro de 1914, foi un ictiólogo, paleontólogo e bibliotecario estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Nova York educándose con titores privados. Gill mostrou un interese precoz pola historia natural.

Axudou a J. Carson Brevoort a clasificar as súas coleccións de entomoloxía e ictioloxía antes de marchar a Washington en 1863 para traballar no Instituto Smithsoniano.

Especializouse en catalogar mamíferos, peixes e moluscos, sen que iso lle restase interese polo estudo doutros tipos de animais. Foi bibliotecario do Instituto Smithsoniano e axudante da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.

Ademais, foi profesor de zooloxía na Universidade "George Washington". Tamén foi membro do "Club Megatherium" do Instituto Smithsoniano en Washington.

Así mesmo, foi presidente da Asociación Americana para o Progreso da Ciencia en 1897.

Ademais de 400 documentos sobre temas científicos, as súas principais obras inclúen:

  • "Arrangements of the Families of Mollusks" (1871).
  • "Arrangement of the Families of Mammals" (1872).
  • "Arrangement of the Families of Fishes" (1872) .
  • "Catalogue of the Fishes of the East Coast of North America" (1875).
  • "Bibliography of the Fishes of the Pacific of the United States to the End of 1879" (1882).
  • "Reports on Zoology" para os anuarios da Smithsonian a partir de 1879.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abbott, R. T. e M. E. Young (eds.) (1973): American Malacologists: A national register of professional and amateur malacologists and private shell collectors and biographies of early American mollusk workers born between 1618 and 1900. American Malacologists, Falls Church, Virginia. Consolidated/Drake Press, Philadelphia. 494 pp.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]