Acryllium vulturinum
Acryllium vulturinum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar na reserva de Samburu. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Acryllium vulturinum Hardwicke, 1834 |
Acryllium vulturinum é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos que habita nas sabanas de África Oriental, dende Tanzania até Etiopía. Non se recoñecen subespecies.[2]
Descrición[editar | editar a fonte]
A Acryllium vulturinum é unha grande ave (61–71 cm) cun cuerpo arredondeado e testa pequena. Ten as ás, pescozo, patas e cola máis longas que outras especies de numídidos. O adulto ten a faciana azul espida e o pescozo negro, e aínda que o resto dos numídidos teñen testas sen plumas, esta especie aseméllase a un voitre polo seu longo e espido pescozo e cabeza. No seu pescozo hai unha capa de pelos de punta longa, brillante, azul e branco. O peito é de cor azul cobalto, e o resto da plumaxe do corpo é negra, salpicado de branco. As ás son curtas e redondeadas, e a cola é máis longa que outros xéneros na familia dos numídidos.
Os sexos son semellantes, aínda que a femia é polo xeral lixeiramente máis pequena que o macho e con esporas tarsais máis pequenas. As aves novas son principalmente de cor agrisada marrón, cun peito azul máis esvaecido e pescozo curto.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Acryllium vulturinum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acryllium vulturinum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acryllium vulturinum |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pheasants, Partridges and Grouse de Madge and McGowan, ISBN 0-7136-3966-0
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vulturine Guineafowl videos en Internet Bird Collection (en inglés)
- Vulturine Guineafowl Avicultural Data and Images (en inglés)
- Vulturine Guineafowl Honolulu Zoo (en inglés)