Actinina
A actinina ou alfa-actinina é unha proteína que forma parte dos microfilamentos de actina. A α-actinina 1 é necesaria para a unión dos filamentos de actina á liña Z da célula muscular esquelética,[1] e aos corpos densos da célula muscular esquelética.[2] A proteína funcional é un dímero antiparalelo, que establece enlaces cruzados entre os filamentos finos de sarcómeros adxacentes, e coordina as contraccións entre sarcómeros no eixe horizontal.
Existen tamén α-actininas, codificadas polos xenes ACTN1 e ACTN4, que son amplamente expresadas no organismo, tamén fóra do sarcómero. A expresión da ACTN2 prodúcese tanto no músculo cardíaco coma no esquelético, mentres que a ACTN2 está limitada ao esquelético. Ambos os extremos do dímero con forma de bastón da α-actinina conteñen dominios de unión á actina. A ACTN3 exprésase só nas fibras musculares de contracción rápida.
As mutacións na ACTN4 poden causar a doenza renal glomeruloesclerose segmentaria e focal.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ganong's Review of Medical Physiology, 24th Edition. Lange (Tata McGraw Hill). 2012. p. 100.
- ↑ Laszlo Szekeres; Julius G. Papp (6 de decembro de 2012). Pharmacology of Smooth Muscle. Springer Science & Business Media. pp. 17–18. ISBN 978-3-642-78920-5.
- ↑ Richard P. Lifton; Stefan Somlo; Gerhard H. Giebisch; Donald W. Seldin (25 de febreiro de 2009). Genetic Diseases of the Kidney. Academic Press. pp. 117–118. ISBN 978-0-08-092427-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Actinin Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.