Saltar ao contido

ActionScript

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ActionScript é unha linguaxe de programación baseada en ECMAScript, usada para controlar filmes e aplicacións do Macromedia Flash. Visto que o JavaScript e o ActionScript baséanse na mesma sintaxe de ECMAScript, ambos os dous tradúcense entre si doadamente. Contodo, o modelo de cliente é diferente: mentres o JavaScript traballa con xanelas, documentos e formularios, o ActionScript traballa con películas, campos de texto e son.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]