Saltar ao contido

Lingua adang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Adang»)
Adang
Outros nomes:Hamap
Falado en: Indonesia
Rexións: Illa Alor
Total de falantes: 9.000 (1995-2000)
Familia: Trans-neoguineano
 Trans-neoguineano occidental
  Alor-Pantar
   Alor
    Occidental
     Dos estreitos
      Adang
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
adn — Adang
hmu — Hamap
klz — Kabola
Mapa
Status

O adang é unha lingua papúa falada en Indonesia.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Fálase nas vilas de Adang-Buom, Pitung, Kenarilang, Afeng male, imoli, Adang-Kokar, Bot Bag, Alila e Bu Mol no oeste e noroeste de Kalabahi,no noroeste da illa de Alor (East Nusa Tenggara).

Os adang utilizan o bahasa indonesio como lingua escrita. En 1987 Stokhof realizou a primeira descrición da lingua, e en 2001 Johnson Haan, un filólogo de lingua materna adang, escribiu a primeira gramática.

Situación sociolingüística

[editar | editar a fonte]

A proximidade a Kalabahi, onde a lingua principal é o bahasa indonesio, pon en perigo o seu emprego polas novas xeracións, o que se agrava pola emigración da xente nova cara a outras zonas de Indonesia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]