Addison Emery Verrill
Fotografía de A. E. Verrill, e sinatura | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1839 Greenwood, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 10 de decembro de 1926 (87 anos) Santa Bárbara |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo, xeólogo, malacólogo, coleccionista de animais |
Empregador | Universidade Yale |
Membro de | |
Alumnos | Katharine Jeannette Bush (pt) e Wesley Roswell Coe (en) |
Influencias | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Verrill |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Flora L. Verrill (nada Smith) |
Fillos | 6, entre eles Alpheus Hyatt Verrill |
Premios | |
Membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Addison Emery Verrill, nado en Greenwood (Maine) o 9 de febreiro de 1839 e finado en Santa Bárbara (California) o 10 de decembro de 1926, foi un zoólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Verrill estudou zooloxía baixo a dirección de Louis Agassiz na Universidade Harvard, na que se licenciou en 1862. Sendo aínda estudante fixo viaxes de recolección científica con Alpheus Hyatt e Nathaniel Shaler no verán de 1860 a Trenton Point e á illa de Mount Desert, ambas localizades no Maine,[1] e no verán de 1861 á illa de Anticosti e ao Labrador (Canadá).[2]
En 1861, mentres estaba baixo a dirección de Louis Agassiz en Harvard, foi enviado a Washington DC para obter exemplares da Smithsonian Institution e promover relacións e interese amigables entre os científicos de Washington e os de Harvard, para fornecer o Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaparada) desta universidade.[3]
Xa graduado en Harvard, en 1864 realizou varios informes sobre propiedades mineiras ou minas potenciais nos estados de Nova Hampshire, Nova York e Pensilvania.[4] Nese mesmo ano aceptou un posto como primeiro profesor de Zooloxía na Sheffield Scientific School da Universidade Yale,[5] onde ensinou desde 1864 até a súa xubilación en 1907.
Baixo a dirección do profesor Spencer Fullerton Baird, Verrill estivo case tres meses traballando nas coleccións de corais da Smithsonian. O proceso de revisión da colección requiriu identificar varias especies, seleccionar exemplares tipo e constituír un conxunto de duplicados para seren enviados ao Museo de Harvard.[3] Mentres estivo en Washington, coñeceu e estableceu amizades con moitos científicos distinguidos.[6] A amizade que Verrill e o profesor Baird desenvolveron, levaron ao nomeamento de Verrill como axudante da United States Fish Commission (Comisión de Peixes dos Estados Unidos) en 1871.[7] Neste papel, que mantivo até 1887, Verrill foi o responsábel das investigacións mariñas e de todas as coleccións de invertebrados. Varios centenares de miles de exemplares recollidos entre 1871 e 1887 foron enviados a New Haven para que Verrill os clasificara, identificara, catalogara e etiquetara. Como compensación parcial polo seu traballo, despois de que o primeiro conxunto de exemplares tipo fose enviado á Smithsonian, autorizouse a manter o primeiro conxunto de duplicados como propiedade persoal. Á súa xubilación vendeu esta colección persoal ao Museo Yale Peabody de Historia Natural, onde agora forman parte da colección de Invertebrados.[8]
Entre 1868 e 1870 foi profesor de Anatomía e Entomoloxía comparadas na Universidade de Wisconsin. A partir de 1860, Verrill investigou a fauna invertebrada da costa atlántica, con especial referencia aos corais, anélidos, equinodermos e moluscos, e converteuse na máxima autoridade dos cefalópodos vivos, especialmente a lura xigante do Atlántico norte.
O seu informe sobre os Invertebrate Animals of Vineyard Sound (1874), con Sidney Irving Smith, con cuxa irmá casou, é un manual estándar da zooloxía mariña do sur de Nova Inglaterra.
Posteriormente, explorou cos seus alumnos a xeoloxía e os animais mariños das Illas Bermudas. Además de moitas outras memorias e artigos sobre os temas mencionados anteriormente, publicou The Bermuda Islands (1902; segunda edición, 1907).[9]
Verrill publicou máis de 350 traballos e monografías, e describiu máis de 1 000 especies de animais en practicamente todos os grandes grupos da taxonomía. Foi membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut.
En 1959, o Museo Peabody de Yale estableceu a "Medalla de Addison Emery Verrill", concedida por logros en Ciencias Naturais.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]As abreviaturas Verrill e A. E. Verrill, emprégase para recoñecer a Addison Emery Verrill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Familia
[editar | editar a fonte]O seu fillo, Alpheus Hyatt Verrill, coñecido como Hyatt Verrill, (1871–1954) foi zoólogo, arqueólogo, explorador, inventor, ilustrador e autor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 42. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 55. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Verrill, George E. (1958). The Ancestry, Life and Work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, California: Pacific Coast Publishing. pp. 43.
- ↑ Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 57. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
- ↑ Dingus, Lowell (2018). King of the Dinosaur Hunters : the life of John Bell Hatcher and the discoveries that shaped paleontology. Pegasus Books. ISBN 978-1-6817-7865-5. p. 8.
- ↑ Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 45. OCLC 427636826.
- ↑ Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 65. OCLC 427636826.
- ↑ Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 68. OCLC 427636826.
- ↑ Verrill, Addison Emery (1902): "The Bermuda Islands: Their Scenery, Climate, Productions, Physiography, Natural History and Geology: With Sketches of Their Early History and the Changes Due to Man". Transactions of the Connecticut Academy of Arts and Sciences. Vol. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Addison Emery Verrill |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Addison Emery Verrill |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Coe, Wesley R. (1927). "Addison Emery Verrill: Pioneer Zoologist". Science 66 (1697): 28–29.
- Coe, W. R. (1929). "Biographical memoir of Addison Emery Verrill 1839-1926". National Academy of Sciences of the United States of America. Biographical Memoirs. XIV (2): 19-66. PDF
- Coe, Wesley R. (1932). "Addison Emery Verrill (1839-1926)" (PDF). Biographical Memoirs (National Academy of Sciences) 14 (2).
- Sterling, Keir B., ed. (1997). "Verrill, Addison Emery". Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Greenwood Press.
- Verrill, George Elliot (1958). The Ancestry, Life and Work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, Calif.: Pacific Coast Pub. Co.