Address Resolution Protocol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Address Resolution Protocol (ARP) é un protocolo de rede que efectúa a tradución dun enderezo de capa de rede nun enderezo MAC, xeralmente un ethernet. Para facelo envía un paquete ao enderezo de multidifusión da rede (broadcast, MAC = FF-FF-FF-FF-FF-FF) con enderezo IP polo que pregunta, e espera que esa máquina, ou outra, responda co enderezo MAC que lle corresponde. Cada máquina ten unha caché cos enderezos traducidos para reducir o tempo de espera. ARP está posto en funcionamento con moitas tecnoloxías de redes, o máis empregado é o IPv4 pero tamén está en uso en Chaosnet, DECnet e Xerox PARC Universal Packet (PUP) co estándar IEEE 802 , FDDI, X.25, Frame Relay e Asynchronous Transfer Mode (ATM). No modelo de arquitectura TCP/IP, ARP está nun punto intermedio entre a capa de rede e a de Internet, mentres no modelo OSI está na capa de rede. O protocolo RARP realiza a operación inversa.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |