Adelchis de Benevento
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | maio de 878 (Gregoriano) |
Causa da morte | homicidio |
Duques e príncipes de Benevento | |
853 – 878 | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Radelchis II de Benevento, Aiulfo II de Benevento, Ageltrude |
Pai | Radelchis I de Benevento |
Adelchis era fillo de Radelchis I, Príncipe de Benevento, e sucesor do seu irmán Radelgardo en 854.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adelchis deu preservado o antigo principado e a súa independencia fronte a repetidos ataques dos sarracenos desde o sur, o emperador Lois II desde o norte, e a Langobardia bizantina polo leste. Ao comezo non tivo éxito nas súas guerras contra os musulmáns. Foi vencido en Bari en 860 e forzado a facer unha tregua co emir e pagar un tributo. En episodios posteriores, forzárono a reclamar a axuda do Emperador. En 866, o emperador venceu os sarracenos e, en 871, caeu a mesma Bari. Luís tentou entón establecer un meirande control sobre todo o sur con gornicións súas nas fortalezas beneventinas.
A resposta de Adelchis a esta acción foi mandar ao emperador á cadea e roubalo mentres estaba no palacio do príncipe en Benevento en agosto. Un mes máis tarde, os sarracenos dirixiron unha nova forza invasora e Adelchis liberou a Luís para que guiase os exércitos contra ela. Adelchis forzou a Luís a prometer que nunca había volver a Benevento cun exército ou vingarse pola súa detención. Luís foi a Roma en 872 e foi liberado do seu xuramento polo papa Hadrián II o 28 de maio. Tentou castigar a Adelchis, pero non tivo demasiado éxito. Adelchis volveuse aos bizantinos. Foi asasinado en maio de 878.
Cómpre subliñar que foi o último dirixente longobardo en revisar o Edictum Rothari.
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Radelgardo de Benevento |
Adelchis de Benevento | Precede a: Gaifeiros de Benevento |