Saltar ao contido

Adhemar Ferreira da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdhemar Ferreira da Silva

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1927 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfro-brasileiro(a) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, actor Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo de pista e campo (pt) Traducir
atletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaTriplo salto Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- São Paulo Futebol Clube
Participou en
1956Xogos Olímpicos de 1956
1952Xogos Olímpicos de 1952
1948Xogos Olímpicos de 1948 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopédia Negra (pt) Traducir, (p.28) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0196195 IAAF: 14349939 Olympic.org: adhemar-da-silva Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Helsinqui 1952 Triplo salto
Ouro Melbourne 1956 Triplo salto

Adhemar Ferreira da Silva, nado en São Paulo o 29 de setembro de 1927 e finado na mesma cidade o 12 de xaneiro de 2001, foi un atleta brasileiro especializado en triplo salto. Gañou dúas medallas de ouro, unha nos Xogos Olímpicos de Helsinqui 1952 e outra nos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, e conseguiu catro plusmarcas mundiais, a última en 1955 con 16,56 metros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia pobre, e comezou a practicar o triplo salto en 1947. Baixo as ordes do adestrador alemán Dietrich Gerner pronto demostrou o seu talento, conseguindo a marca nacional e unha praza no equipo brasileiro de atletismo para os Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, onde conseguiría a décimo cuarta praza. Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de Helsinqui de 1952 logrou a súa primeira medalla de ouro grazas aos 16,22 metros saltados, revalidou a medalla de ouro nos xogos de Melbourne de 1956 cun salto de 16,35 metros.

En 1959 actuou na película Orfeo negro, do director francés Marcel Camus, a cal logrou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa ese mesmo ano.

Plusmarcas do mundo

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]