Adi Shankaracharya (filme)
Aparencia
Adi Shankaracharya | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | आदिशङ्कराचार्य |
Director | G. V. Iyer |
Produtor | National Film Development Corporation of India |
Guión | G. V. Iyer |
Baseado en | Vida de Adi Shankaracharya |
Intérpretes | Sarvadaman Banerjee Sreenivasa Prabhu Bharat Bhushan |
Música | M. Balamurali Krishna |
Fotografía | Madhu Ambat |
Estrea | 1983 |
Duración | 160 minutos |
Orixe | India |
Xénero | Biográfico |
Na rede | |
Adi Shankaracharya (en sánscrito: आदिशङ्कराचार्य) é un filme indio de 1983, rodado en lingua sánscrita, dirixido por G. V. Iyer.[1] O filme conta a vida e os feitos do filósofo hindú do século VIII Adi Shankaracharya, quen consolidou a doutrina Advaita Vedanta (non dualismo) na filosofía hindú. Foi o primeiro filme da India en ser rodado en sánscrito.[2] Na 31ª edición dos Premios Nacionais de Cinema da India gañou catro galardóns, incluíndo mellor filme, mellor guión, mellor fotografía e mellor audiografía.[3][4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sarvadaman D. Banerjee como Adi Shankaracharya
- Sreenivasa Prabhu como Prajnaana
- T.S. Nagabharana como Mrithyu
- Bharat Bhushan como Kaippilly Shivaguru Nambudiri, pai de Adi Shankara
- Manjunath Bhat como Padmapada
- Gopal como Thotaka
- V.R.K. Prasad como Hasthamalaka
- M.V. Narayana Rao como Sureshwara
- Gopinath Das como Govinda Bhagavathpada
- L.V. Sharada Rao como Kaippilly Aryadevi Antarjanam ("Aryamba"), nai de Adi Shankara
- Leela Narayana Rao como Ubhaya Bharathi
- Sreepathy Ballal como Kumārila Bhaṭṭa
- G. V. Iyer como Veda Vyasa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adi Shankaracharya -sanskrit −1983". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ IMDb (ed.). "Adi Shankaracharya (1983)". Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ "31st National Film Awards". India International Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ Directorate of Film Festivals (ed.). "31st National Film Awards (PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Adi Shankaracharya na IMDb (en inglés).