Saltar ao contido

Adiabena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa que sitúa Adiabena,Gordiana (ou Corduena), Osroena, Sofena, Comaxena e Atropatena na época do apoxeo de Armenia so Tigranes II.

Adiabena (ܚܕܝܐܒ, en siríaco) foi un antigo reino, tributario de Partia en Mesopotamia, no sul do actual Curdistán, Arbela era a súa capital. Os seus gobernantes convertéronse ao xudaísmo no século I.
A raíña Helena, logo da súa conversión ao xudaísmo trasladouse a Xerusalén e construíu dous palacios, para ela e para o seu fillo, na parte norte da cidade, e doaron fondos para o Templo.