Adolf Loos
Aparencia
Adolf Loos, nado en Brno (Moravia) o 10 de decembro de 1870 e finado en Kalksburg (Viena) o 23 de agosto de 1933, foi un arquitecto austríaco nacionalizado checoslovaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de rematar os seus estudos viviu en Estados Unidos durante tres anos (1893 - 1896). Polemizou cos defensores do Modernismo que formaban a denominada Secesión de Viena e que representaban un punto de vista antagónico á súa visión da arquitectura. É considerado coma un dos precursores do racionalismo arquitectónico. Estivo en contacto coas vangardas artísticas europeas da súa época entrando en contacto con artistas como Schönberg, Kokoschka e Tristan Tzara. Foi un pioneiro do Movemento Moderno que supoñía a desornamentación dos edificios e a ruptura co historicismo.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Looshaus_Vienna_June_2006_546.jpg/250px-Looshaus_Vienna_June_2006_546.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/da/Adolf_Loos%2C_1910%2C_A1130_Wien%2C_St._Veit-Gasse_10%2C_Haus_Steiner.jpg/250px-Adolf_Loos%2C_1910%2C_A1130_Wien%2C_St._Veit-Gasse_10%2C_Haus_Steiner.jpg)
- Xastrería Goldman&Salatsch , tamén coñecida como Casa Loos, en Viena (1910).
- Intervención no Café Museum de Viena (1899)
- Villa Karma en Montreux (Suíza, 1903-1906)
- Casa Steiner en Viena.
- Proxecto para o Chicago Tribune Column (1922).
- Casa Müller en Praga (1930).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Breve biografía Arquivado 27 de xuño de 2004 en Wayback Machine. en artandculture.com (en inglés).
- Biografía e obras en greatbuildings.com (en inglés).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf Loos |