Adolfo Abalo Ríos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 ![]() Lantaño, España ![]() |
![]() | |
1979 – 1995 ← Ramón Caldas García – Xosé María Tobío Barreira → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Adolfo Abalo Ríos, nado en Lantaño (Portas) en 1945, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de Primaria no colexio Domingo Fontán de Portas. En 1976 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español. Organizou o movemento veciñal de Saiar e presidiu a asociación de veciños que clasificou os montes en man común da parroquia. Nas primeiras eleccións municipais da democracia encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Caldas de Reis e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1983 por maioría absoluta. Nas municipais de 1987 e 1991 foi novamente reelixido, pero por maioría simple. Entre 1986 e 1991 foi deputado provincial. Nas municipais de 1995 foi substituído por Xosé María Tobío Barreira como cabeza da lista municipal do PSdeG-PSOE.
Predecesor: Ramón Caldas García |
![]() Alcalde de Caldas de Reis 1979 - 1995 |
Sucesor: Xosé María Tobío Barreira |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abalo Ríos, Adolfo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.