Saltar ao contido

Adolfo Calzado Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolfo Calzado Sanjurjo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Adolfo Calzado y Sanjurjo Editar o valor en Wikidata
século XIX Editar o valor en Wikidata
Bordeos, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1909 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
3 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
← Emilio Vivanco Menchaca (en) TraducirManuel Vivanco Menchaca (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Balaguer (en) Traducir
Deputado das Cortes
10 de abril de 1893 – 1 de xullo de 1895
← Jenaro Vivanco Menchaca (en) TraducirRamón María de Dalmau y de Olivart (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Les Borges Blanques
Deputado das Cortes
13 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890
← Jenaro Vivanco Menchaca (en) TraducirJenaro Vivanco Menchaca (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Les Borges Blanques
Senador do Reino
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, banqueiro, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Posibilista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosÁlvaro Calzado Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 137226 BNE: XX1222237

Adolfo Calzado Sanjurjo, nado en Bordeos cara a 1840 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1909, foi un banqueiro, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Bordeos, onde estaban accidentalmente os seus pais, pasou a súa infancia en Sevilla onde estudou no colexio de Alberto Lista. Completou os seus estudos en Londres. Regresou a Vigo, onde se establecera a súa nai e alí publicou en El Miño a súa novela Alternativas. Marchou a Madrid onde se dedicou ao xornalismo e a literatura. Despois marchou a París, para dirixir co seu pai o Teatro italiano. Despois dedicouse aos negocios na bolsa e na banca francesa. Foi presidente do consello de administración da Sociedad General de Anuncios de Madrid. Amigo de Emilio Castelar, foi elixido deputado no Congreso polo distrito de Les Borges Blanques (1886 e 1893) como posibilista e polo de Balaguer (1898) como liberal. Foi elixido senador por Lleida en 1901. En París editou o periódico Los Fondos Públicos (1879-1882) de carácter político, literario e económico, e publicou os libros La crisis de la Bolsa (1882) e España renaciente (1888). Tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Foi coleccionista de arte.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de Álvaro Calzado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Adolfo Calzado". Escenas contemporáneas. Revista bibliográfica (45): 33–38. 16-9-1884. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]