Adolfo Domínguez SA
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adolfo Domínguez.
Adolfo Domínguez S.A. | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1973 |
Localización | Polígono San Cibrao das Viñas, 32911 Ourense Galiza |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa e complementos |
Beneficio | 148,45 millóns de € (2012)[1] |
Beneficio neto | -24,1 millóns de € |
Número de empregados | 803[2] |
Na rede | |
http://www.adolfodominguez.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adolfo Domínguez é unha empresa galega do sector téxtil con sede en Ourense propiedade do empresario Adolfo Domínguez Fernández.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de xastrería en 1973. O crecemento da empresa iníciase nos anos 1980 co lema "La arruga es bella". A marca adquiriu notoriedade grazas á serie de televisión Miami Vice. Nos anos 1990 a empresa medra con franquías e tendas propias. AD foi a primeira marca de roupa en comercializar unha colección de perfumes. En 1997 comeza a cotizar na bolsa de Madrid.
A empresa tiña en 2012 un total de 695 establecementos no mundo, 446 en España e 249 fóra.