Adolfo Mosquera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1860 Caldas de Reis, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1940 (79 anos) Caldas de Reis, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado, escritor |
Adolfo Mosquera Castro, nado en Caldas de Reis o 3 de xullo de 1860 e finado na mesma vila o 30 de xaneiro de 1940,[1] foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ao rematar instalouse como avogado en Caldas de Reis. Dono dun balneario en Catoira. Republicano, dirixiu El Umia (1886), foi redactor de El Ciclón de Pontevedra e promoveu os periódicos El Demócrata e La Democracia de Caldas de Reis. Publicou un poema en A Gaita Gallega. Foi secretario do concello da Guarda durante a ditadura de Primo de Rivera e na Segunda República do Grove e Caldas de Reis (1935). Foi un escritor combativo contra o caciquismo e poeta. Escribiu baixo os pseudónimos Sensitiva e El duende de Mazaracos. Obtivo premios en certames rexionais, un deles pola poesía costumista "Os feitizos y-os meigallos". Publicou un relato en dúas entregas titulado "Na represa" en O Galiciano.
Obras
[editar | editar a fonte]- Versos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galería de gallegos notables. Adolfo Mosquera en El Pueblo Gallego, 9-1-1955, p. 11.
- ↑ "Ficha bibliográfica". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. p. 245. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6 de novembro de 2013.