Adolfo Rey Ruibal
Aparencia
(Redirección desde «Adolfo Rey»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1867 A Coruña, España |
Morte | 1923 (55/56 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Membro de | |
Adolfo Rey Ruibal nado na Coruña en 1867 e finado en Buenos Aires en marzo de 1923, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou, na Coruña, a carreira de Peritaxe Mercantil e estudou na Escola de Belas Artes. De moi novo, emigrou á Arxentina, dedicándose ao comercio en Buenos Aires. Colaborou en diversos diarios e revistas, coma Galicia Moderna, Almanaque Gallego e El Eco de Galicia utilizando os pseudónimos "Fol de gaita", "Butifarra" e "El caballero sin parné". Foi vicepresidente da Liga Redencionista Gallega de Buenos Aires (1910) e pertenceu á Asociación Española de Socorros Mutuos da que foi secretario en 1915. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Obras
[editar | editar a fonte]- Septenvirato (Buenos Aires, 1900),
- Saudades. Recuerdos y memorias de Marineda (Buenos Aires, 1901)
- Virutas (Buenos Aires, 1913),
- Notas de verano. Descripciones sudamericanas (Buenos Aires, 1913).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilanova Rodríguez, Alberto (1966). Los gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Ediciones Galicia.
- Gran Enciclopedia Galega, vol. 26, páx. 177 (Silverio Cañada ed., Santiago de Compostela-Gijón, 1974)