Almanaque Gallego
- Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).
Almanaque Gallego | |
---|---|
Título orixinal | Almanaque Gallego |
Autor/a | Manuel Castro López et alii. |
Ilustrador/a | Múltiples. |
Cuberta | Varios. |
Orixe | Arxentina. |
Lingua | Castelán e galego. |
Data de pub. | 1898 - 1927. |
Formato | Almanaque. |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.
Descrición
[editar | editar a fonte]Entre os colaboradores estaban Cayetano Aldrey Salvado, Manuel Bares Giráldez, Alfredo Brañas, Xosé María Cao Luaces, Eugenio Carré Aldao, Fortunato Cruces, Julio Dávila, Manuel Pérez Pérez (Numael Ezper), Alfredo Fernández, Manuel López Lorenzo, Andrés Martínez Salazar, Eduardo Pondal, José Rodríguez Carracido, Bernardo Rodríguez Ribeira, José Salgado Rodríguez, Galo Salinas, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Avelina Valladares, Marcial Valladares, Indalecio Varela Lenzano ou Adolfo Vázquez Gómez.
No Almanaque Gallego para 1923 publicouse por primeira vez o Conto gallego de Rosalía de Castro. Noutros volumes reproducíronse cadros de Ovidio Murguía e ilustracións de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Consérvanse algúns exemplares do Almanaque Galego nas bibliotecas das seguintes institución:
- Universidade de Santiago de Compostela
- Fundación Penzol (colección completa)
- Real Academia Galega
- Museo Provincial de Pontevedra
- Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
- Convento de San Xoán de Poio
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús (1995). Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1449-1.
- ——— (2005). "Almanaque Gallego". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Hermida, Modesto (1995). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-886-9.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicación periódicas. Galaxia. p. 42-43. ISBN 84-8288-137-X.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Almanaque Gallego |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Almanaque Gallego |