Saltar ao contido

Fortunato Cruces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFortunato Cruces

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1870 Editar o valor en Wikidata
Lestrobe, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1961 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario bio-bibliográfico de escritores Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 355063 BNE: XX5355266 BUSC: cruces-fortunato-1870-1961

Fortunato Cruces Angueira, nado en Lestrobe (Dodro) o 11 de xuño de 1870 e finado en Buenos Aires o 18 de xaneiro de 1961, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Embarcou rumbo a Buenos Aires en 1885. Exerceu diversos oficios en periódicos e como comerciante e corredor de comercio mentres se formaba ata que entrou como pasante na escribanía (notaría) dun avogado porteño e, despois dos estudos correspondentes, fíxose procurador con matrícula. En 1890 fundou en Rosario a sociedade "Hijos de Rois". En febreiro de 1891 fundou e dirixiu en Barracas al Norte o semanario local La Justicia, e en 1895 creou o Centro Galaico de Barracas al Norte. En 1898 fundou o semanario Correo de Galicia, e en 1901 a revista Nova Galicia, que dirixiu ata 1951. Foi un dos fundadores do Banco de Galicia en 1904. En 1907 fundou en Montevideo a "Sociedad de Hijos de Valle Miñor". Fundou en 1913 con Francisco Álvarez de Nóvoa La Voz de Galicia e foi tamén director en 1914 do diario La Colonia Gallega por un breve período.

Colaborou nos xornais Tierra Libre, El Día, El Correo Gallego, El Heraldo Cristiano, Diario Gallego, Acción Española, Sud América, Faro de Vigo e a revista Galicia, baixo os pseudónimos F.C. de Vetroles, Vetroles Cañiza e Xán d-a Cañiza.

A súa obra lírica apareceu nos xornais El Eco de Galicia, Páginas de España e El Diario entre 1893 e 1898. Publicou Primeiras Follas (1898), Almanaque de Galicia (1909), Castañolas: Contos, cartas, descursos, cantares e outras cousas (1913) e Cousas Galegas (1923). Deixou dúas obras inéditas: Caludiña e Temas Camperos.

Escribiu tamén varias obras de teatro: O palique (1914), a comedia bilingüe Mi pegarlle catro tiros (1916), o xoguete cómico Eu levo o padriño ó lombo (1917) e o pasatempo costumista Conto de aldea (1919).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • En 1949 foi nomeado fillo predilecto do concello de Dodro, e ten unha rúa co seu nome na súa aldea natal.
  • En 1958 foi nomeado membro honorario do Círculo da Prensa de Buenos Aires.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]