Correo de Galicia (Buenos Aires)
Correo de Galicia | |
---|---|
Fundación | 1898 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Buenos Aires |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Correo de Galicia foi un periódico galego editado en Buenos Aires entre 1898 e 1965.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Atravesou varias etapas:
- A primeira, fundado e dirixido por Fortunato Cruces, de periodicidade semanal, apareceu en 1898.
- A segunda, entre 1899 e 1900, dirixido por Juan González Montenegro, con Fortunato Cruces como secretario de redacción e Ángel Aguirre del Río como administrador.
- A terceira e máis coñecida, entre 1908 e 1945, fundado por José Ramón Lence e José Vázquez Romaguera, e dirixido por José Ramón Lence, con Vázquez Romaguera como administrador. Apareceu o 22 de marzo de 1908 co subtítulo Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina.
Tratábase dunha publicación xeralista e bilingüe, con predominio do castelán. Recollía as actividades das diferentes institucións de emigrantes e as novas acaecidas na colectividade galega no ámbito do Río da Prata. Asumiu posturas galeguistas e republicanas durante a ditadura de Primo de Rivera, ata tomar postura en 1936 a favor do bando nacional. En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e foi dirixido por Braulio Díaz Sal. Máis adiante converteuse no Faro de España.
Entre os seus colaboradores destacaron Manuel Casás, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón María del Valle-Inclán, Aurelio Ribalta, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor e Julio Camba.
- Unha cuarta etapa, na que reapareceu en 1965 dirixido por Perfecto López Romero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Correo de Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Correo de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Correo de Galicia no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.