Saltar ao contido

Aurelio Ribalta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAurelio Ribalta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1864 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1940 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Soto del Real, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX920970 BUSC: ribalta-aurelio-1864-1940

Aurelio Ribalta Copete, nado en Ferrol o 1 de abril de 1864 e finado en Soto del Real (Madrid) o 7 de setembro de 1940, foi un escritor e xornalista galego. Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou os estudos secundarios en Madrid entre 1873 e 1877. Estudou Leis e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1895 comezou o seu traballo na Administración de Facenda. Formou parte do grupo de intelectuais galeguistas establecidos na capital. Alí fundou a revista Estudios Gallegos, desde onde en 1915 realizou un chamamento para defender a lingua galega. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte recolleu a chamada e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego.

Achegado ao rexionalismo, foi nomeado representante do Comité Regionalista de Santiago para a Xunta de Defensa de Galicia e participou nas reunións dos seus integrantes, como a da Cova Céltica. Tivo un papel relevante na constitución das Irmandades da Fala.

En 1910 realizou a súa proposta ortográfica foneticista, practicada e defendida no seu Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas. En 1917 editou en Barcelona unha Escolma de Poesías de Rosalía de Castro.

Permanece inédita no convento de San Francisco do Val de Deus a súa obra Gramática gallega elementale, datada en 1940.

En galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
 

Ferruxe, A Coruña, 1894, e Escolma de poesías
de Rosalía de Castro
, Barcelona, 1917.

  • Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas, 1910.

En castelán

[editar | editar a fonte]
  • La campaña de ultramar, 1888.
  • El viático.
  • El hijo de María Rosa.
  • El señorito.
  • Catalanismo militante, 1901.
  1. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  2. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]