Estudios Gallegos
Estudios Gallegos | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1915 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estudios Gallegos foi unha revista editada en Madrid entre 1915 e 1916.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo publicada por Aurelio Ribalta, apareceu o 15 de febreiro de 1915. A revista tiña na portada un debuxo de Castelao e entre os seus colaboradores figuraron Eugenio López Aydillo, Luís Porteiro Garea e Rodrigo Sanz. Publicaba en galego as seccións "Poetas de onte" e "Poetas de hoxe", os relatos breves de Xan d'Outeiro e nas páxinas costumistas de Penecho Fontenla.
Publicou o entremés "Los gallegos" do século XVII, achegado por Salvador Cabeza de León, e o texto en prosa "A campana fala", do escritor catalán Miquel Ventura i Balanyà. A sección titulada "Finanzas" contiña traballos de socioeconomía (tributos, caciquismo, minería, millo...), na que aparecía con frecuencia o tema dos ferrocarrís galegos. O último número coñecido é o 22, que corresponde ao 22 de decembro de 1916.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Estudios Gallegos". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Montero, Xesús: "Estudios Gallegos" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores (coord.): "Estudios Gallegos" (pp. 179–180) en: Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.