Avelina Valladares
A Avelina Valladares na Estrada | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Avelina Valladares Núñez 23 de outubro de 1825 Vilancosta, España |
Morte | 17 de marzo de 1902 (76 anos) A Estrada, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, autora |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego | |
Familia | |
Pai | José Dionisio Valladares Gómez |
Irmáns | Marcial Valladares |
Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) o 23 de outubro de 1825 e finada na Estrada o 17 de marzo de en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. É irmá do tamén escritor Marcial Valladares.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de José Dionisio Valladares Gómez, cunha considerable formación académica debido á súa ascendencia fidalga, Avelina Valladares dedicou parte da súa vida ao coidado dos demais (sempre dende as súas fondas conviccións relixiosas), participando na Xunta Parroquial de Beneficencia da súa parroquia, Berres. Nos períodos comprendidos entre 1840 e 1850, e 1864 e 1879, a escritora adicou a meirande parte do seu tempo á escrita, realizando durante eses anos a maior parte da súa obra literaria.
Como poeta afincada no seu tempo, as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais ou de costumes. Non obstante, o que máis chama a atención dentro da súa produción literaria, son os artigos conservados, xa que abordan cuestións prácticas coma os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É tamén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego, obra bilingüe con claras características proclives á dramatización (hoxe existe unha versión teatral feita por Xosé Lueiro Lemos).[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na súa memoria creouse o Premio de poesía Avelina Valladares, convocado polo concello da Estrada.
En 2025, e coincidindo co bicentenario do seu nacemento, o Concello da Estrada retomou a programación do Ano Cultural para dedicarllo á «Cantora do Ulla» e publicar a súa obra.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catálogo BNE". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 09 de maio de 2016.
- ↑ "A Estrada editará a obra de Avelina Valladares e dedicaralle un musical". La Voz de Galicia. 2025-01-10. Consultado o 2025-01-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avelina Valladares |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro López, M.: "Avelina Valladares", pp. 33–35 en Almanaque Gallego para 1898, Buenos Aires, 25 de outubro de 1897 (en castelán).
- Losada Diéguez, Antón: "N'a súa memoria", El Emigrado, 24/10/1925.
- Luna Sanmartín, Xosé (2000). Ond'o sol facheaba ô amañecer: vida e obra da cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez. ISBN 84-95429-05-5.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 436-437. ISBN 978-84-8341-146-9.