Adosinda Guterrez
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 910 (Gregoriano) ![]() |
Morte | 941 (Gregoriano) (>941) ![]() |
Consorte real de León | |
923 – 932 ← Oneca Sánchez de Pamplona – Urraca Sánchez de Pamplona → ![]() | |
Familia | |
Cónxuxe | Ramiro II (923–932) ![]() |
Fillos | Ordoño III de León, Tareixa Ramírez ![]() |
Pais | Guterre Ozores de Coimbra ![]() ![]() |
Parentes | Hermenexildo Gotérrez, avó Elvira Menendiz, tía ![]() |
![]() |
Adosinda Guterrez, nada contra o ano 910 e finada despois do 941, foi raíña consorte do Reino de Galicia polo seu matrimonio con Ramiro II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do duque-conde Gutier Osoriz e Aldonza Menéndez naceu arredor do ano 910. Cara o ano 923 casou con Ramiro II, que pouco despois pasaba a ser rei de toda Galicia, do seu matrimonio naceu Ordoño Ramírez, que máis tarde había herdar a coroa galega e sendo coñecido co nome de Ordoño III.
Despois da súa separación de Ramiro II cara o 933, ingresou como relixiosa no mosteiro de San Salvador de Celanova, aínda así a súa familia seguiu fortemente ligada ao monarca. En 934 está docmentada, Urraca Sánchez como nova muller de Ramiro II.
Adosinda morreu despois do ano 941.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Do seu casamento co rei Ramiro II tivo a:
- Bermudo Ramírez, finado no 941.
- Ordoño III (925 - 956) que sucedeu ao seu pai e casou entre 945 e 951 con Urraca Fernández, filla de Fernán González, conde de Castela.
- Tareixa Ramírez, infanta de León (morta ca. 952) e esposa do rei de Navarra Sancho Garcés I.
Predecesor: Ximena Garcés |
Raíña consorte de Galicia 931 - 932 |
Sucesor: Munia Ximena |