Saltar ao contido

Adrián López Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdrián López Álvarez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Teberga, España Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2006   Real Oviedo 30(4)
2006–2011   Deportivo da Coruña 92(13)
2008–2008 cesión   Deportivo Alavés 10(3)
2008–2009 cesión Málaga Club de Fútbol 28(3)
2011–2014   Atlético de Madrid 90(11)
2014–2019   FC Porto 25(1)
2015–2016 cesión   Villarreal Club de Fútbol 16(4)
2017–2017 cesión   Villarreal Club de Fútbol 15(2)
2017–2018 cesión   Deportivo da Coruña 30(9)
2019–2021   CA Osasuna 43(3)
2022–2022 Málaga Club de Fútbol 2(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2005   España sub-17 1(0)
2007–2007   España sub-20 5(5)
2007–2007   España sub-19 3(3)
2007–2011   España sub-21 19(9)
2012–2012   España 2(1)
2012–2012   España sub-23 5(0)
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor en Wikidata

Twitter: adrian7oficial FIFA: 271035 UEFA: 1902640 Editar o valor en Wikidata

Adrián López Álvarez, nado en Teberga (Asturias) o 8 de xaneiro de 1988, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o CA Osasuna da Liga Santander.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no Oviedo, debutando en Segunda División B con tan só 17 anos, na tempada 2005/06, da man de Antonio Rivas. Disputou un total de 30 partidos e marcou 3 goles.

No verán de 2006, cando aínda tiña 18 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña. Anotou o seu primeiro gol en Primeira División nun partido de Liga contra o FC Barcelona nunha grande internada polo centro que culminou ante o porteiro Víctor Valdés o 31 de marzo de 2007.

A tempada 2007/08 comezouna no Deportivo, aínda que se foi cedido ao Deportivo Alavés de Segunda División no mercado de inverno,[1] onde anotou tres goles que axudaron ao equipo vitoriano a manter a categoría.

Na campaña 2008/09 foi cedido novamente, esta vez ao Málaga CF,[2] onde marcou tres goles en 28 partidos xogados, o primeiro deles o 28 de setembro de 2008 contra o Real Valladolid.

A partir da tempada seguinte regresou ao Deportivo, conseguindo afianzarse no equipo titular e mellorando as súas cifras goleadoras. Na tempada 2010/11 foi o máximo goleador do equipo con 8 goles. Con todo, o equipo coruñés terminou descendendo a Segunda División ao final desa campaña.

O 11 de agosto de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cedido polo FC Porto durante unha temporada con opción de compra.[3]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol Sub-20 de España. Actualmente é convocado habitualmente para os partidos da Sub-21. En maio de 2011 foi convocado para xogar a Eurocopa sub-21, celebrada en Dinamarca en xuño do mesmo ano, onde se proclamou campión e máximo goleador do torneo con cinco goles.[4]

Participacións en Copas do Mundo

[editar | editar a fonte]

En 2007 disputou a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 coa selección española no Canadá. Adrián foi un dos estandartes da selección, obtendo a Bota de Prata do mundial con 5 goles.

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007 Canadá 8° de final
Europeo de Fútbol Sub-21 de 2009 Suecia Fase de grupos

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Título Club Ano
UEFA Europa League Atlético de Madrid 2012
Copa do Rei Atlético de Madrid 2013
Primeira División Atlético de Madrid 2014

Selección

[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club Ano
Eurocopa Sub-21 Selección española 2011

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Bota de Prata da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 2007
Bota de ouro da Eurocopa sub-21 2011
Mellor xogador da Eurocopa sub-21 2011
  1. "Adrián López do Deportivo marcha cedido ao Alavés". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  2. "Adrián López xogará cedido no Málaga". Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  3. "Adrián López, novo xogador do Deportivo para a Temporada 2017-2018". Deportivo da Coruña. 11 de agosto de 2017. 
  4. "A sub-21 tamén reina en Europa". Consultado o 25 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]