Adrián Pérez Bote
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1992 (32/33 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | estatístico |
Empregador | Instituto Nacional de Estatística |
Premios | |
|
Adrián Pérez Bote, nado en Vigo en 1992, é un estatístico e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar no bacharelato no IES Politécnico de Vigo, licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela[1] e marchou vivir a Madrid. Alí tivo distintos traballos[1] relacionados con aprendizaxe automática e como científico de datos, ata que en 2023 aprobou co número 1 as oposicións ao corpo superior de Estatísticos do Estado, o que o levou a traballar no Instituto Nacional de Estatística, en Madrid.[2]
En 2010, aínda como estudante, levou o segundo premio no Xaquina Trillo de relato curto, na categoría de entre 13 e 18 anos. E en 2023 obtivo o premio Terras do Chamoso de relato. En 2024 gañou[3] o premio Illa Nova de novela con Baixo o ceo de xeo, unha peza de ciencia ficción. Este premio leva aparellada a publicación da obra.
Obra
[editar | editar a fonte]- Baixo o ceo de xeo (2024). Vigo: Galaxia. 304 páxs. ISBN 978-84-1176-350-9.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Adrián Pérez Bote". LinkedIn. Consultado o 14/7/2024.
- ↑ "Pérez Bote, Adrián". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-11-14.
- ↑ Valcárcel, Sara (2024-07-08). "Adrián Pérez Bote gaña o Premio Illa Nova con "Baixo o ceo de xeo"". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ "Baixo o ceo de xeo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-11-14.