Saltar ao contido

Adstrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En lingüística un adstrato é unha lingua que influencia a outra, por razón de veciñanza, poder político ou influencia cultural, sen chegar a desaparecer a lingua influenciada. Hoxe en día o inglés é o adstrato máis común na maioría das linguas.

No galego o adstrato principal é o castelán desde hai séculos.