Saltar ao contido

Aerógrafo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aerógrafo

O aerógrafo é un instrumento de precisión ideado polo inglés Charles Burdick en 1893 e que serve para dispersar por medio de aire a presión un pigmento en partículas moi finas. Emprégano os deseñadores, fotógrafos e pintores para colorear copias, retocar positivos e negativos, ocultar as xuntas dos collages, engadir nubes ou outros elementos e eliminar defectos ou fondos innecesarios. O primeiro aerógrafo débese a Abner Peeler que o inventou en 1879.