Saltar ao contido

Aeroporto de Pescara

(Redirección desde «Aereoporto de Pescara»)
Aeroporto de Pescara
Aeroporto di Pescara


Aeroporto de Pescara

IATA: PSR – ICAO: LIBP
Sumario
Tipo Civil
Operador SAGA
Cidade/Illa Pescara
Elevación (msnm) 15 metros / 48 pés
Coordenadas
Web www.abruzzo-airport.it
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
04/22 7 936 2 419 asfalto

O Aeroporto de Pescara[1] (en italiano Aeroporto di Pescara), hoxe denominado Aeroporto Internazionale d'Abruzzo, é un aeroporto próximo a Pescara, Italia. Trátase do aeroporto principal de ItAli Airlines.

O aeroporto está localizado a uns 4 km do centro de Pescara. A uns 180 km de Roma, a 2 horas de condución en coche, por unha rápida autoestrada que, cruzando os Apeninos tamén permite gozar das vistas.

Hai taxis dispoñibles ás aforas da zona de chegadas. A viaxe ata a estación central de trens de Pescara costa uns 15 euros. Hai un autobús (o número 38) que parte do aeroporto ao centro da cidade cada 15 minutos (1 euro a tarifa ordinaria).

O acceso directo á rede de autovías nacionais permite dirixirse ás principais cidades de Italia.

En 1973 o historiador Bruce Barrymore Halpenny que vivía en Abruzzo organizou o voo dun British Caledonian cun BAC 111 que engalaba en Xénova cara Pescara para que efectuase probas de voo dun avión comercial de grandes dimensións na aproximación e aterraxe en Pescara.[2] Co piloto ao mando do British Caledonian, un antigo piloto da RAF e Halpenny (tamén antigo piloto da RAF) a bordo as manobras culminaron sen problemas;[2] abríndose de inmediato o aeroporto e a rexión ao turismo.[2] Halpenny conseguiu que un BAC 111 de British Caledonian engalase desde Londres Gatwick e voase a Pescara, con regreso despois a Gatwick.[2] Os voos comerciais eran agora posibles.[2]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Alitalia
operado por Alitalia Cityliner
Milán-Linate
Blue Air Turín
Mistral Air Tirana
Estacional: Cagliari, Catania, Olbia, Palermo
Ryanair Bérgamo, Charleroi, Hahn, Cracovia, Londres-Stansted
Estacional: Copenhague, Xirona, Weeze
Wizz Air Bucarest

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Aeroporto de Pescara

Estatísticas para o Aeroporto Internazionale d'Abruzzo[3].

Ano Total pasaxeiros Total operacións
1996 71 908 4 052
1997 72 962 4 618
1998 104 000 6 390
1999 105 500 6 310
2000 114 024 9 940
2001 153 227 6 675
2002 295 875 11 559
2003 301 773 10 932
2004 334 998 10 075
2005 350 447 10 339
2006 340 699 12 139
2007 374 247 12 085
2008 402 845 11 128
2009 409 045 9 773
2010 461 086 7 971
2011 550 062 7 827
2012 563 187 8 284
  1. [1][Ligazón morta] AIP de Italia - AD 2 LIBP 1-1, consultado o 25 de abril de 2006
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Abruzzo - Londres: case unha realidade Il Tempo - D'Abruzzo, editor Gianni Letta, 27 de outubro de 1973 - N. 294
  3. "Estatísticas do Aeroporto Internazionale d'Abruzzo". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]