Saltar ao contido

Aerodramus whiteheadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aerodramus whiteheadi
Selangana de Whitehead
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Aerodramus
Nome binomial
Aerodramus whiteheadi
(Ogilvie-Grant, 1895)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Aerodramus whiteheadi, coñecida vulgarmente como salangana de Whitehead, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2] unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica de Filipinas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1895 polo ornitólogo escocés William Robert Ogilvie-Grant,[3][4] co nome de Collocalia whiteheadi.[5]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Aerodramus.

O epíteto específico, whiteheadi, é unha homenaxe ao explorador, naturalista e recolledor profesional de espécimes de aves británico John Whitehead (1860-1899).[6]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polo sinónimo:[5]

  • Collocalia whiteheadi Ogilvie-Grant, 1895. (protónimo).

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense na especie as dúas subespecies seguintes:[3][4][5]

  • Aerodramus whiteheadi whiteheadi (Ogilvie-Grant, 1895) - (no norte de Luzón).
  • Aerodramus whiteheadi origenis (Oberholser, 1906) - (en Mindanao).

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat natural son as montañas boscosas por riba dos 1 200 m de altitude. Segundo algúns informes, mostras da subespecie origenis tomáronse nunha árbore oca, presumibelmente ao pousar. Se varias salanganas do xénero Aerodramus non identificadas nun acantilado neboento do monte Kitanglad en 1997 foran desta especie, como parece probábel, entónces os acantilados poden ser un compoñente importante nas preferencias do hábitat.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esta especie é endémica de Filipinas, onde se encontra só en catro zonas montañosas, unha en Luzón (ssp whiteheadi) e tres en Mindanao (ssp origenis).[7] En Luzón, encontrouse no monte Data en 1895, e volveuse a ver en 2005. En Mindanao, encontrouse no monte Apo en 1904 e nos montes Kitanglad e Matutum na década de 1990, con espécimes capturados recentemente nunha localidade non identificada no sur de Cotabato (na mesma provincia que o monte Matutum). Fixéronse avistamentos recentes nos montes Polis e Kitanglad. O número de individuos da súa poboación é completamente descoñecido, en parte debido á dificultade de identificación, mesmo coas aves na man.[1]

A época de reprodución non se coñece, pero se encontrou un niño no mes de xullo, segundo informes, nos acantilados. Ademais, catro niños (sen data) que se cre que foron feitos pola especie, encontráronse nunha árbore oca. Descoñécese tamén se é unha especie migratoria.[1]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que tanto a área de distribución completa como o número de individuos da súa poboación son completamente descoñecidos, avalía o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 BirdLife International (2016): Aerodramus whiteheadi na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 29 de outubro de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  3. 3,0 3,1 Ver Aerodramus whiteheadi na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 29 de outubro de 2019.
  4. 4,0 4,1 Aerodramus whiteheadi (Ogilvie-Grant, 1895) no ITIS.
  5. 5,0 5,1 5,2 Aerodramus whiteheadi en Ibis - the International Journal of Avian Science, published by the British Ornithologists' Union, p. 459.
  6. whiteheadi en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  7. Collar, N. J.; Mallari, N. A. D. & Tabaranza, B. R. J. (1999): Threatened birds of the Philippines: the Haribon Foundation/BirdLife International Red Data Book. ISBN 9-7156-9334-2. Makati City, Filipinas: Bookmark.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]