Aerofilatelia
Aparencia
Aerofilatelia é a rama da filatelia especializada no estudo do correo aéreo, o que inclúe os selos de correo aéreo, etiquetas de correo aéreo, documentos postais, aerogramas, cuños postais, sobres aéreos de primeiro día, as rutas e tarifas en especial dos primeiros voos e voos especiais, a aerofilatelia estuda tamén o correo recuperado de accidentes aéreos.
A Federación Internacional de Sociedades Aerofilatélicas (FISA) é a principal organización internacional.
Especialidades
[editar | editar a fonte]A maioría do correo aéreo transpórtase por avión, outras formas son
- correo por pombas, en xeral empregado antes que existise o telegrama para levar cartas con rapidez, aínda se emprega ocasionalmente sobre todo en unidades militares.
- correo en globo
- correo en dirixible
- correo en mísil ou foguete, realizado como proba nos Estados Unidos, Gran Bretaña e na India.
O estudo do correo no espazo, a astrofilatelia, non se considera xeralmente unha especialidade da aerofilatelia aínda que garde relación.