Saltar ao contido

Aeroporto de Riga

(Redirección desde «Aeroporto Internacional de Riga»)
Aeroporto de Riga
Starptautiskā lidosta "Rīga"

IATA: ningúnICAO: ningún
Sumario
Tipo público
Propietario goberno de Letonia
Operador TAV Airports
Cidade/Illa Riga
Elevación (msnm) 11 metros / 36 pés
Coordenadas
Web http://www.riga-airport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
18/36 3 200 10 500 formigón/asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 5 400 243

O aeroporto internacional de Riga (IATA: RIX, ICAO: EVRA) é o aeroporto internacional da capital de Letonia, Riga, e o máis grande dos países bálticos. Ten voos directos a uns 90 destinos de 30 países. Serve como centro de conexións para airBaltic, SmartLynx Airlines, RAF-Avia, Vip Avia e Inversija e como base para Wizz Air. A aeroliña nacional letoa, airBaltic, é a principal operadora do aeroporto seguida por Ryanair.

O aeroporto está situado no municipio de Mārupe, a 10 km ao oeste de Riga. O aeroporto pertence a unha sociedade anónima estatal, sendo o dono de todas as súas accións o goberno de Letonia. O titular das participacións estatais é o Ministerio de Transporte do país.[1]

O aeroporto construíuse no ano 1973 como unha alternativa ao aeroporto de Spilve que se estaba volvendo moi anticuado.

Unha renovación e modernización do aeroporto rematouse en 2001, coincidindo co 800 aniversario da fundación da cidade. En 2006 e en 2016 inauguráronse as novas extensións das terminais no norte. O aeroporto conta con tres terminais: A e B para saídas Schengen e C tanto para Schengen como para non-Schengen. A zona de chegadas 1, na terminal A, encargase das chegadas Schengen, mentres que a 2, na terminal C, encárgase das chegadas non-Schengen. En outubro de 2006 inauguráronse unhas instalacións de mantemento, reparación e revisión que son xestionadas conxuntamente por dúas empresas locais, Concors e SR-Technik. O aeroporto ten un ILS CAT II.[2]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
airBaltic Abu Zabi (reanúdase en outubro de 2017), Ámsterdam, Barcelona, Berlín-Tegel, Billund, Bruxelas, Budapest, Copenhague, Düsseldorf, Frankfurt, Xenebra, Gotemburgo, Hamburgo, Helsinqui, Kazán, Kíiv-Boryspil, Larnaca, Liepāja, Londres-Gatwick, Milán-Malpensa, Minsk, Moscova-Sheremetyevo, Múnic, Oslo-Gardermoen, Palanga, París-Charles de Gaulle, Praga, Roma-Fiumicino, San Petersburgo, Stavanger, Estocolmo-Arlanda, Talín, Tampere, Tbilisi, Tel Aviv-Ben Gurion, Turku, Viena, Vilnius, Varsovia-Chopin, Zürich
Estacional: Aberdeen, Atenas, Bordeos (comeza en xuño de 2018), Baku, Catania, Dubrovnik, Gdańsk, Lisboa, Madrid, Málaga, Malta, Niza, Odesa, Olbia, Palma de Mallorca, Poprad-Tatry, Reiquiavik-Keflavík, Rodas, Rijeka, Salzburgo, Split (comeza en maio de 2018), Tesalónica, Venecia, Verona
Charter: Burgas, Dalaman, Heraclión
Belavia Minsk
Ellinair Estacional: Tesalónica
Chárter estacional: Corfú, Heraclión
Finnair
operado por Nordic Regional Airlines
Helsinqui
LOT Polish Airlines Varsovia-Chopin
Lufthansa Frankfurt
Norwegian Air Shuttle Copenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda, Trondheim
Primera Air Estacional: Málaga (comeza en abril de 2018)[3]
RusLine Moscova-Domodedovo
Ryanair Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Bremen, Burgas (comeza en marzo de 2018), Charleroi, Colonia/Bonn, Dublín, East Midlands, Xirona (comeza en marzo de 2018), Glasgow, Hahn, Leeds/Bradford, Londres-Stansted, Malta (comeza en outubro de 2017), Manchester
Estacional: Paphos (comeza en marzo de 2018)
Scandinavian Airlines Copenhague, Estocolmo-Arlanda
SmartLynx Airlines Chárter: Antalya, Bérgamo, Burgas, Gran Canaria, Heraclión, Hurghada, Monastir, Rijeka, Ras Al Khaimah, Sharm El Sheikh, Tenerife-Sur, Varna
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Ukraine International Airlines Kíiv-Boryspil
UTair Aviation Moscova-Vnukovo
Uzbekistan Airways Nova York–JFK, Tashkent
Wizz Air Barcelona, Bari, Bergen, Doncaster/Sheffield, Dortmund, Eindhoven, Liverpool, Londres-Luton, Reiquiavik-Keflavík, Sandefjord, Tel Aviv-Ben Gurion
Estacional: Ovda (comeza en outubro de 2017)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Riga Airport (ed.). "Airport at a glance". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  2. Riga Airport (ed.). "Operational Facilities". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  3. Routes Online (ed.). "Primera Air adds Riga – Malaga service in S18". Consultado o 27 de setembro de 2017.