Aeroporto de Varna
Aeroporto de Varna Летище Варна
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Fraport Twin Star Airport Management | ||
Localización | Varna | ||
Elevación (msnm) | 70 metros / 230 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | 2 517 | 8 258 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 1 689 595 |
O Aeroporto de Varna (IATA: VAR, ICAO: LBWN) é o aeroporto da cidade de Varna, a capital marítima histórica de Bulgaria. É o terceiro máis grande do país e é un importante destino durante a temporada estival. O aeroporto atópase a 10 quilómetros do centro de Varna, preto da vila de Aksakovo, e serve ao nordés de Bulgaria. Ten voos domésticos e internacionais a 71 destinos de 29 países operados por unhas 50 aeroliñas.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia do aeroporto remóntase ao ano 1916 cando se construíron dous pendellos para o primeiro hidroporto de Bulgaria, situado na área de Peinerdzhik. Entre 1919 e 1920 houbo un servizo de correo irregular entre Sofía e Varna e non sería ata 1947 cando se estableceu unha liña permanente entre as dúas cidades. O que medrara como o aeroporto de Tihina estaba situado ao oeste da actual ponte de Asparuhov e era bastante primitivo para satisfacer as demandas dunha cidade moderna. Así en 1946 tomouse a decisión de construír un novo aeroporto a varios quilómetros ao oeste da cidade, preto de Aksakovo. As melloras foron chegando cos anos, construíndose unha nova terminal en 1972 e unha nova pista en 1974.
Dende o 15 de outubro de 2011 ata o 28 de febreiro de 2012 o aeroporto estivo pechado debido á reconstrución da súa pista de aterraxe. Todos os voos transladáronse ao aeroporto de Burgas.[1] No ano 2013 inaugurouse unha nova terminal de pasaxeiros, pechándose a antiga.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do aeroporto Arquivado 10 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Novinite (ed.). "Varna Airport Closes for Runway Overhaul in October". Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 https://www.condor.com/eu/index.jsp
- ↑ https://sundair.com/booking/index.php