Aeroporto de Aalborg
Aeroporto de Aalborg Aalborg Lufthavn
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Operador | Aalborg Lufthavn a.m.b.a. | ||
Cidade/Illa | Aalborg, Dinamarca | ||
Localización | Nørresundby | ||
Elevación (msnm) | 3 metros / 10 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08L/26R | 2 654 | 8 707 | formigón/asfalto |
08R/26L | 2 549 | 8 363 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 1 520 987[1] |
O aeroporto de Aalborg (IATA: AAL, OACI: EKYT) é un aeroporto civil e militar dinamarqués situado en Nørresundby, no municipio de Aalborg. Atópase a 6,5 quilómetros ao noroeste de Aalborg.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da aviación comercial en Aalborg comeza o 4 de setembro de 1936 cando se inaugura a primeira ruta doméstica do país, entre Aalborg e Copenhague. Os avións Fokker F VII aterraban no aeródromo dunha fábrica de cemento en Rørdal. Grazas ao éxito da ruta as autoridades da cidade decidiron construír un aeroporto e este inaugurouse o 29 de maio de 1938. En xuño dese ano comezou a operar unha ruta cara Hamburgo e no ano seguinte outra cara Kristiansand.[2]
Durante a segunda guerra mundial foi ocupado polos alemáns e usado pola Luftwaffe. Os escuadróns 3º e 5º do Bordfliegergruppe 196 (grupo aéreo embarcado) usaron Aalborg como base para voos de recoñecemento, para transportar destacamentos que servían na mariña alemá e como escala para os voos entre Alemaña e Noruega.[2][3]
Os alemáns destruíran os edificios do vello aeroporto civil, e rematada a Royal Air Force británica fixo o mesmo coas instalacións alemás. Así que aeroporto comezou a operar novamente a ruta cara Copenhague en xuño de 1945 usando como terminal de pasaxeiros a antiga estación de bombeiros alemá. En 1946 o goberno danés tomaría o control da meirande parte dos aeroportos do país, incluído o de Aalborg.[2]
Nos anos seguintes abriríanse rutas cara Aarhus, Gotemburgo, Kristiansand, Stavanger, Oslo, Ámsterdam e Londres, aínda que a meirande parte dos servizos internacionais só operarían por curtos períodos de tempo.
En 1997 o aeroporto foi transferido aos 13 municipios da rexión do norte de Xutlandia. A terminal actual inaugurouse o 29 de maio de 2001. O aeroporto ampliouse durante os anos 2007 e 2013, incrementando o tamaño da terminal e o número de portas de embarque.[2]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Atlantic Airways | Estacional: Vágar |
British Airways operado por SUN-AIR |
Humberside, Oslo-Gardermoen |
Danish Air Transport | Estacional: Bornholm |
KLM operado por KLM Cityhopper |
Ámsterdam |
Norwegian Air Shuttle | Copenhague, Londres-Gatwick, Málaga Estacional: Gran Canaria, Palma de Mallorca |
Primera Air | Málaga, Palma de Mallorca Estacional: Antalya, Chania, Fuerteventura, Gran Canaria, Rodas, Roma-Fiumicino, Tenerife-Sur |
Ryanair | Londres-Stansted |
Scandinavian Airlines | Copenhague, Oslo-Gardermoen Chárter estacional: Chania, Corfú, Gazipaşa, Gran Canaria, Malta, Rodas, Tenerife-Sur, Varna |
Vueling | Estacional Barcelona |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aalborg Lufthavn (ed.). "Passenger numbers 2000-2017". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2017. Consultado o 2 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Aalborg Lufthavn (ed.). "Aalborg Airport history". Consultado o 2 de decembro de 2017.
- ↑ Felgrau.com (ed.). "Bordfliegergruppe 196". Consultado o 2 de decembro de 2017.