Aeroports de Catalunya
Aeroports de Catalunya é unha sociedade pública catalá (Aeroports Públics de Catalunya SLU) da Generalitat de Cataluña dentro do Departamento de Territorio e Sostibilidade. A sociedade é a encargada de xestionar os aeroportos, aeródromos e heliportos propiedade da empresa ou da Generalitat de Cataluña. A súa sede empresarial está na Avinguda Litoral de Barcelona.
Actualmente ten en propiedade e xestiona os seguintes aeroportos e aeródromos:
Esta empresa quere consolidar un novo modelo de xestión aeroportuaria, traballar en favor dunha política comercial efectiva e promocionar as instalacións existentes así como os futuros traspasos. Traballa para manter e mellorar unha rede de aeródromos máis completa e conservar unha rede de heliportos para todos os servizos posibles.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)