Aerozine 50
Aparencia
Aerozine 50 ou Aerozina 50 é un propelente para foguetes composto por unha mestura aproximada do 50% de hidracina e UDMH (dimetilhidracina asimétrica). Ten un punto de ebulición maior que o UDMH e foi desenvolvido inicialmente para ser usado no mísil Titan 2.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O Aerozine 50 é un propelente hipergólico que entra en ignición espontaneamente ao ser usado con oxidantes do tipo do tetróxido de nitróxeno. É usado, ademais de orixinalmente no Titan 2, na segunda etapa do foguete Delta 2.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mark Wade (2011). "Aerozine-50" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2012.
- ↑ "Aerozine50: Specifications & DOT Shipping Information" (PDF). 5 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2012.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|